Análise critica dunha noticia: Un taxista de Vigo, denunciado por ir a traballar en falda

Noticia:Un taxista de Vigo, denunciado por ir a traballar en falda

Resumo da noticia::Un  taxista de Vigo  causou unha gran impresión aos cidadáns co seu novo modelo de saia con franxas, foi denunciado por unha das dúas empresas que operan na cidade, a Cooperativa de Taxistas, "porque non é Escocia". Ademais, consideraron que non é unha vestimenta apropiada para ir traballar cara ao público, ademais de non cumprir coas normas que se aplicaron hai nove meses para estes traballadores.

Taxi Elite Vigo, a compañía oposta, onde traballa o condutor do taxi, non ten intención de impedir que o condutor use saias durante a xornada laboral. O seu presidente, Roberto Costas, fixo un esforzo para deixar  claro que a autoridade municipal non prohíbe expresamente o uso da saia e que o compañeiro  o emprega  "para estar fresco e para a súa comodidade". Para Costas sería conveniente que o Concello reconsiderase o uso dos pantalóns  curtos.

Fontes de información: ATRESMEDIA, PÚBLICO


Opinión crítica: A mín nesta noticia non me parece ben que denuncien a un home por utilizar falda nunha xornada laboral, posto que estamos en pleno século vinte un e non é normal que aínda sigamos con este machismo e con esta falta de respecto, de cara algúns homes e tamén de cara as mulleres. 

                                          IMAXE DUNS TAXIS, FEITA POR MASSIMO EN FLICKR

Comentarios

Publicacións populares